lunes, 21 de junio de 2010

A CONSELLERÍA DE CULTURA E PORTOS DE GALICIA APARTAN O HIDRIA II DO PROGRAMA PORTOS XACOBEOS

A CONSELLERÍA DE CULTURA E PORTOS DE GALICIA APARTAN O HIDRIA II DO PROGRAMA PORTOS XACOBEOS


Unha semana antes da data prevista para a súa participación no programa, e sen explicacións



A Consellería de Cultura e Portos de Galicia veñen de prescindir do vapor Hidria II como escenario de distintas actividades do programa Portos Xacobeos, e fixérono sen mediar explicación, unha semana antes de que o Hidria II atracase en Pontevedra para iniciar a súa participación neste evento cultural.

A presencia do Hidria II no programa Portos Xacobeos estaba prevista desde o pasado mes de marzo, cando os representantes da Consellería de Cultura e de Portos de Galicia presentaron en rolda de prensa o programa, e dende entón estaba anunciada na páxina web do evento (portosxacobeos.es), coas localidades e as datas concretas nas que o Hidria II ía acoller diferentes concertos e exposicións.

A programación oficial de actividades non fai xa ningunha referencia ao Hidria II, e nela consta como “pendente” o lugar no que se celebrarán os actos que debía acoller o Hidria II nos portos de Pontevedra, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Fisterra, Muxía e Ribadeo, entre os meses de xuño e setembro.

Os armadores do Hidria II queremos deixar constancia do noso estupor por unha decisión unilateral, que nos colle totalmente de sorpresa, cando levamos varios meses traballando para cumprir a nosa previsión. En todo momento temos obrado con total honestidade e confiado na boa fe dos responsables de Portos de Galicia, sen ningunha constancia de motivo algún que impedira a nosa presencia no programa Portos Xacobeos.

Queremos denunciar, ademais, o grave prexuízo económico que nos causa esta repentina decisión. Por un lado, porque supón deixarnos sen unha actividade planificada para este verán, que requeríu acometer gastos, realizar contratos e negociar financiación. E por outro, porque a estas alturas do ano nos deixa practicamente sen capacidade de reacción para redirixir a actividade do barco durante o verán e salvar a tempada turística.



Sesé Otero e Xacobo Costas

Vapores del Atlántico, S.L.

Teléfono de contacto: 667 61 20 37